Os campamentos urbanos xorden ante a necesidade de ofrecer aos nenos/as unha alternativa de lecer e tempo libre durante os períodos vacacionais na que poidan compartir experiencias e xogos. Isto é fundamental nas cidades e pobos actuais nos que as unidades familiares son cada vez máis pequenas e o neno ten poucas oportunidades de compartir momentos co seu grupo de idade fora da contorna escolar.

Por outra banda a xustificación da realización dunha actividade deste tipo vén dada pola necesidade de conciliar a vida laboral coa vida familiar, xa que debido a que cada vez en maior medida nas familias traballan tanto o pai como a nai, e estes vense na necesidade de que existan actividades de tempo libre nas que poidan mandar aos/ás seus/súas fillos/as cando non están no colexio e eles están traballando.

Ademais as familias na sociedade actual coñecen tamén o efecto positivo de que os/as seus/súas fillos/as se relacionen con outros/as nenos/as nun ámbito lúdico afastado do divertimento, moito máis pasivo, que poden ter na súa casa, como é a televisión, as videoconsolas, etc. E a solución pode estar nestas actividades de tempo libre nas que ademais de pasalo ben se fomentan valores como o compañeirismo, o traballo en equipo, a cooperación, etc., que lles van a permitir compartir experiencias moi diversas con outros/as nenos/as e que ademais, vanos a axudar no seu desenvolvemento integral como persoa.

Polo que cada ano que pasa os/as nosos/as clientes e as familias seguen incrementando a súa confianza en KOREMI para levar a cabo os seus campamentos e novos clientes se poñen en contacto con nós para que lle levemos a xestión integral dos seus campamento.

ANO 2018:

  • Ceip García Barbón
  • Ceip Laredo
  • Entidade Local de Bembrive
  • Ceip Serra Vincios
  • Choco Redondela
  • Colexio Possumus
  • Grupo San Miguel-El Castro
  • Illa de Ons
  • Concello de Soutomaior

 

 

Pin It on Pinterest

Share This