CAMPUS DE VERÁN C.D. CHOCO de REDONDELA 2019. «CHOCO VERÁN»

XULLO 2019

HORARIO CAMPUS: 09:00 a 14:00 horas

O campus permitirá matricularse en opción en semana, quendas (2 semanas) e mes completo (do 1 ao 31 de Xullo (25 de Xullo é festivo). *Establécense descontos para irmáns/ás.
• PRIMEIRA QUENDA: Do 1 ao 15 de Xullo
• SEGUNDA QUENDA: Do 16 ao 31 de Xullo (o 25 de Xullo festivo polo que non haberá Campus)

IDADES: De 3 a 12 anos (inclusive)

LUGAR: INSTALACIÓNS DO COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL SANTA MARIÑA  AVDA. SANTA MARIÑA S/N, 36800, REDONDELA. (os días de mal tempo as actividades de lecer e tempo libre realizaranse en instalación cuberta).

Lugar de realización (Ubicación): https://goo.gl/maps/QGN78S8fTUF2

COMO INSCRIBIRSE:

Inscricións: As inscricións e documentación poderán ser entregadas nas instalación do COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL SANTA MARIÑA (no Campo de Fútbol) en AVDA. SANTA MARIÑA S/N, 36800, REDONDELA EN HORARIO DE LUNS A VENRES DE 17:00 A 20:00 h. ou por VÍA EMAIL a koremi@koremi.es.

**As inscricións tamén se poden deixar en  RECICLAXES PRINTECO S.L. en R/Catapeixe, 6 Baixo – 36800 Cesantes – Redondela

Mais información:

Teléfono: 678415501 – 605788071 / Email: koremi@koremi.es

CHOCO VERÁN: «O CUBO DAS EXPERIENCIAS»

Este ano apostamos por unha temática totalmente innovadora. O noso campamento contará cun cubo no que cada semana aparecerá un “experto” que permitirá aos nenos e nenas vivir unha experiencia diferente e aprender os segredos de todo tipo de profesións e materias. Teremos expertos en diferentes artes e profesións, polo que cada semana seremos artistas, aventureiros , profesionais, etc.  Este cubo tamén terá un compoñente de aprendizaxe na igualdade de xénero, xa que, a través das experiencias que veñan a través do cubo, descubrirán moitos dos prexuízos e roles de xénero da sociedade e serán quen de desmontalos grazas a súas propia experimentación cos diferentes “expertos”.

Aparte disto tamén se realizarán:

– FÚTBOL

– OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS

– XOGOS: cooperativos, de enxeño, de estratexia.

– SAÍDAS: excursións, rutas medio-ambientais

-GRANDES XOGOS: ximkana, xogo de pistas

DOSSIER DE INFORMACIÓN (descargar)
FICHA DE INSCRICIÓN (descargar)

Pin It on Pinterest

Share This