| KOREMI

CAMPAMENTO DE VERÁN 2017. CEIP LAREDO

cartel-campamento-ceip-laredo_001

HORARIO CAMPAMENTO DE VERÁN: 09:00 A 14:00 (opcións de ampliación de horario: Matinal con e sen almorzo e servizo comedor). Meses de Xuño, Xullo, Agosto e Setembro (do 26 de Xuño ao 8 de Setembro).

IDADES: De 3 a 12 anos (inclusive) escolarizados

LUGAR DE REALIZACIÓN: CEIP LAREDO en Rúa do Peirao, 3, 36320 Chapela-Redondela

(Ubicación): https://goo.gl/maps/G6CAxxvX3562

¡¡SEGUIMOS CON PRAZAS LIBRES EN AGOSTO E SETEMBRO!!

COMO INSCRIBIRSE:

1.-PRESENCIALMENTE:

  • Na ANPA do CEIP LAREDO – Rúa do Peirao nº3 Chapela – Redondela
  • Na ANPA do CEIP ALEXANDRE BÓVEDA- Rúa Alexandre Bóveda 6 Chapela- Redondela
  • Na ANPA CEIP IGREXA- Camiño da Igrexa Chapela- Redondela
  • Nas oficinas de KOREMI: Cronista Rodríguez Elías 2 – of.2- Vigo

2.- ON-LINE

  • Solicitando á dirección de email koremi@koremi.es, a inscrición on –line para cubrir e a posteriori enviar a documentación necesaria.

Mais información:

  • Koremi: 605788071 – 678 41 55 01
  • web: www.koremi.es
  • Email: koremi@koremi.es

CAMPAMENTO TEMÁTICO

Todas as actividades estarán relacionadas coa época que esteamos a visitar. Así, os nosos xogos, obradoiros e manualidades levarannos á Prehistoria, o antigo Exipto, á Idade Media e ata ao espazo do futuro…Vivimos na actualidade cun alto índice de interculturalidade e pensamos que as interaccións que as persoas establecen cos seus semellantes van depender da educación que recibisen, e se esta educación está exenta de prexuízos, de se se educou nun contexto onde se respecten os diferentes costumes, tradicións, linguas, etc. será unha educación cara ao respecto e a tolerancia. A través de cancións, historias, xogos e demais actividades, pretendemos que os nenos e nenas deste campamento convértanse en expertos coñecedores dalgunhas das civilizacións predecesoras, penetrándose  en distintos países e coñecendo as súas antigas culturas, viaxando ao pasado e cruzando  o mundo de lado a lado sen apenas darse conta, percorrendo  miles de quilómetros sen moverse practicamente das súas casas, en definitiva, unha aventura que non poderán esquecer e que o seu carné de “viaxeiro” acreditarao.

SOLICITA O DOSSIER DE INFORMACIÓN!!

 

ORGANIZAN:

logos-anpas

 

LOGOKOREMI