Rap “Xénero Versos”

Desde a Concellaría de Igualdade do Concello do Porriño, organizouse e se desenvolveu o Proxecto “Xénero Versos” contra a violencia de xénero durante o curso escolar 2017-2018, dirixido ao alumnado de 2º e 3º da ESO de todos os centros educativos da nosa localidade.

Este proxecto empregou a intelixencia verbal, emocional, valores tales como a tolerancia e o respecto, invitando en todo momento á reflexión, sen obviar a creatividade de cada un e unha das participantes presentes ao longo de todas as clases impartidas. Tivo coma obxectivo principal por en mans do alumnado de secundaria os coñecementos pedagóxicos e musicais precisos ao fin de que eles e elas mesmas se convertiran nos compositores da letra e música da canción de rap, expresando súas opinións acerca dun tema tan actual e importante como é a violencia de xénero na adolescencia e entre adolescentes.

A idea de empregar a música coma nexo entre os adolescentes e a temática debeuse a que nesta idade somos conscientes da importancia deste eido para eles/as . A adolescencia é unha etapa na que comenzan a decantarse e compartir os seus gustos musicais, identifícanse cun tipo de música e letra. Este sentimento musical convertiuse en premisa fundamental de motivación e alto grado de implicación de parte do alumnado participante e o profesorado.

Rematada a fase teórica e practica tras varias sesións de traballo, todos e todas amosaron as súas letras de rap finalizado o proxecto, nun evento organizado públicamente. Traballos alguns deles de gran calidade  que logo dos trámites precisos, grabáronse nun CD.

Pin It on Pinterest

Share This