CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN C.D. CHOCO de REDONDELA

CAMPAMENTO URBÁN DEPORTIVO

XULLO 2016

HORARIO CAMPAMENTO: 09:30 A 13:30

**As familias que o precisen poderán traer aos seus nenos/as dende as 9:00 da mañá.

IDADES: De 3 a 12 anos

LUGAR: INSTALACIÓNS DO C.D. CHOCO (os días de mal tempo as actividades de lecer e tempo libre trasladaranse ao Centro Recreativo Cultural de Redondela). AVDA. SANTA MARIÑA S/N, 36800, REDONDELA
Inscricións: As inscricións e documentación poderán ser entregadas nas instalación do C.D. Choco en AVDA. SANTA MARIÑA S/N, 36800, REDONDELA EN HORARIO DE LUNS A VENRES DE 17:00 A 20:00 h. ou por VÍA EMAIL a koremi@koremi.es (poden descargarse dende a páxina web www.koremi.es).

**As inscricións tamén se poden deixar en  RECICLAXES PRINTECO S.L. en R/Catapeixe, 6 Baixo – 36800 Cesantes – Redondela

Lugar de realización (Ubicación): https://goo.gl/maps/QGN78S8fTUF2
Mais información: Teléfono: 678415501 / web: www.koremi.es / Email: koremi@koremi.es
A actividade principal do Campus Deportivo de Verán será o FÚTBOL aínda que dentro do horario do campamento realizaranse actividades LÚDICAS, XOGOS, OBRADOIROS, E OUTRAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS TALES COMO VELA, REMO, TENIS, intercalando tamén actividades lúdicas en INGLÉS.
**NECESÍTASE UN MÍNIMO DE 80 NENOS/AS EN CADA UNHA DAS QUENDAS para REALIZAR O CAMPAMENTO.
 CAMPUS DEPORTIVO
Os nenos e nenas serán os protagonistas en todo momento, e para iso levaremos a  cabo diferentes obradoiros e actividades organizados polos nosos monitores/as especializados na organización de actividades de lecer e tempo libre e fútbol.

INFORMACIÓN/INSCRIPCIÓN DO CAMPUS DEPORTIVO (Pincha enriba para descargar)

BOTON_INSCRIPCION

 

ORGANIZAN: C.D. CHOCO de REDONDELA / KOREMI XESTIÓN DEPORTIVA

 

COLABORAN:

Logo CONCELLO DE REDONDELA

Logo Centro culturalLogo Remo

Pin It on Pinterest

Share This